De novo na cidade
Estimadas contertulianas:Despois do meu retiro montañés desde o mes de marzo, tiven que voltar a camiñar polos duros paseos urbanos. No monte encho as zapatillas brancas de borralla, e o ar non é tan limpo nesa especie de superficie lunar. Digo isto porque o mato ardeu e deixou á vista un castro, a modo de cratera.
Contaxiada da filosofía de vida dos aldeáns, recuperei a circulación sanguínea que os debates literarios galegos tiñan obstaculizado. Aquí non hai debates, hai embolias.
Falábamos hai tempo daquelas nenas versificandas, protoclitorianas, vestidas con uniforme de cole privé, mais os espíritos dandescos destas últimas semanas non resultan menos teatrais. Aquelas podía imaxinalas cun traxe curto de enfermeira dicindo: "preciso unha inxección intrapernosa de penecilina"; os dandis de agora podo velos vestidos de cantinófilos, con ollar de bohemios e traxe de banqueiros, a falar do maravillosa que é a periferia da que están desexando saír.
Aquí sigue sendo fácil dar leccións non solicitadas. Polo que parece os mestres calan.
Recibide un abrazo desta vosa amiga que, unha vez perda o talante sabio da aldea comezará de novo a dar machetazos. A cidade non é soportábel sen berrar.
Sempre vosa,
Emma Clark


3 Comments:
O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.
Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.
www.sacou.blogspot.com
Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.
E....¿CÓMO DIRÍAS TI QUE SON ESES COMENTARIOS LITERARIOS GALEGOS?
Tan monáraquicos como a democracia que nos ordena ou tan anárquicos que o idealismo non sae dun papel mollado??
É pura curiosidade de profana na materia(S)
Dicía "debates", querida, mais tes razón: son comentarios duns xordos cara a outros e doutros cara a uns. Comentarios no muro das lamentacións, no País do choromiqueiros. E de políticos, pouco, máis ben patolóxicos.
Enviar um comentário
<< Home