Copiopego o único que polo momento coñezo de Orfeu en Soños de Ramón Blanco. Chego a el pola referencia da revista Qué Leer. Espero compralo en poucos días. Seguiremos a informar:
IN GIRUM IMUS NOCTE ET CONSUMIMUR IGNI
(Salutación de Guy Debord aos espectadores e ao Conde d Paço Tristão)
Cinza sombra deste incendio
que se estende
máis alá
das marxes do (h)orto,
lonxe do martirio da sintaxe
e do fogo que arde sen se ver e que alí afina
a ígnea corrupción do centro de madeira
do violín tatuado,
tocando a pel ardente
papel queimado.
Pode que os mortos aínda respiren
nestes versos igual que os vosos ollos
escoitaban na película a noite
americana ou o testamento de Orfeu,
fumando no leito baldío
despois de escribir Sonata de inferno cos ollos irritados cubertos
polo fume, ascendendo despois cara ao teito,
na lámpada a vista baila
atrapada no círculo do desexo
O danse mon papillon noir!
Aínda que tarden en arder as follas murchas unha tarde
han entrar xirando polas xanelas abertas
nas almas de mil douscentos e pico
perdemos o sen,
buscades asento na escuridade,
cando xa comezou o espectáculo
e imos en círculo na noite e somos consumidos polo lume.
Agatha Andrews
IN GIRUM IMUS NOCTE ET CONSUMIMUR IGNI
(Salutación de Guy Debord aos espectadores e ao Conde d Paço Tristão)
Cinza sombra deste incendio
que se estende
máis alá
das marxes do (h)orto,
lonxe do martirio da sintaxe
e do fogo que arde sen se ver e que alí afina
a ígnea corrupción do centro de madeira
do violín tatuado,
tocando a pel ardente
papel queimado.
Pode que os mortos aínda respiren
nestes versos igual que os vosos ollos
escoitaban na película a noite
americana ou o testamento de Orfeu,
fumando no leito baldío
despois de escribir Sonata de inferno cos ollos irritados cubertos
polo fume, ascendendo despois cara ao teito,
na lámpada a vista baila
atrapada no círculo do desexo
O danse mon papillon noir!
Aínda que tarden en arder as follas murchas unha tarde
han entrar xirando polas xanelas abertas
nas almas de mil douscentos e pico
perdemos o sen,
buscades asento na escuridade,
cando xa comezou o espectáculo
e imos en círculo na noite e somos consumidos polo lume.
Malia non ser eu moi dada ás referencias mitolóxicas e á disposición dos versos despistarme un tanto, tamén é certo que entre estas liñas parece que flúe ar fresquiño, que o vocabulario non sae directamente do glosario oficial da Poesía Galega e que o poeta escribe porque ten algo que contar, algo pouco habitual e moi de agradecer na nosa poesía.
Agatha Andrews


0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home