Sábado, Novembro 19, 2005

Conversas polo Messenger (9/11/2005)

Mrs Russell: O venres pasado estiven na mesa redonda blogueira

Agatha Andrews: Si, lin aquí e alá sobre ela. Que tal o pasaches?

Mrs Russell: Moi moi ben. Quedou bonito

Agatha Andrews: A que atribuían por alá esa ausencia selectiva na rede?

Mrs Russell: Eh?Ah, xa. A nada, non se falou moito diso :)

Agatha Andrews: Hahaha

Mrs Russell: Empezou Uxía Casal, describindo o que son os blos. Logo Francisco Castro, un chisquiño literario para o meu gusto.

Agatha Andrews: Non sei quen é

Mrs Russell: Logo Pawley, que enfiou coa intervención de Xabier Cid dicindo que os blogs non tiñan ningunha importancia

Agatha Andrews: Como tantas cousas que non a teñen e son tan importantes

Mrs Russell: A intervención de Xabier Cid titulábase "Por qué Xesús Alonso Montero non coñece a María Yañez?"

Agatha Andrews: Vira iso. De que ía?

Mrs Russell: Xabier Cid sostén que os blos son un xénero de seu, no senso de que dispoñen de recursos específicos, etc

Agatha Andrews: Si... en tanto que a carta o é e a novela ou a poesía tamén

Mrs Russell: Francisco Castro dixo que os editores debían reparar mais na rede e "captar" blogueiros, digamos. E Xabier sostén que non entende iso, porque asume que o blog é bo de seu, non precisa do papel para ser importante. Acabou dicindo que algúns blogueiros debían saír no Anuario de Escritores, e cousas así

Agatha Andrews: Hahahahaha

Mrs Russell: A idea do blog como "literatura imperfecta" é moi típica dos que ven o blog como "un paso" cara a "grande escritura". A dos libros de Espiral Maior, e todo iso

Agatha Andrews: Claro, non está mal, iso entronca coa grande masa de talentos incomprendidos sen acceso ao público.

Mrs Russell: Si, iso é o que eu non entendo. Todos os incomprendidos.

Agatha Andrews: Claro

Mrs Russell: Os que perden o cu por facer un opusculiño impreso en Tórculo, e non pensan na rede como medio igualitario...

Agatha Andrews: Pois que o incomprendido non é un escritor en potencia senón un estereotipo de individuo

Mrs Russell: ...Onde entre ti e Jaureguizar non hai a mais mínima diferenza

Agatha Andrews: Fora a ialma

Mrs Russell: Exacto

Agatha Andrews: De todos modos as cousas poden mudar unha enormidade en cuestion dun ano por exemplo

Mrs Russell: Despois, apareceu Xavier Seoane. E diante del o editor lonxincuo

Agatha Andrews: Ugh, que tal

Mrs Russell: Non sei, eu marchei.

Agatha Andrews: Ben feito

Mrs Russell: Por certo, digo eu que eles cinco, pola mesa, algo habían de cobrar. O Seoane, entón, que ía el só... cobraría polos cinco, el tamén?

Agatha Andrews: Non che diría que non...

Mrs Russell: Iso é o curioso... pensar que un escritor que teña un certo recoñecemento cunha conferencia ao mes e unhas columnas no Galicia Hoxe, por exemplo

Agatha Andrews: Claro

Mrs Russell: Non é que viva, é que pode vivir de putísima madre!

Agatha Andrews: Aínda nos tempos da peseta ninguén baixaba de 30000 pelas... e logo hai quen se estraña de que non abran blogs!

Mrs Russell: Pois por iso mesmo, que lles custaba entón ceder parte do seu “talento” de balde?

Agatha Andrews: Xa, pero de dar ninguén se fixo rico... e ademais que me dis da motivación?

Mrs Russell: Sen ir mais lonxe, as intervencións da mesa... quen colgou na rede as súas?

Agatha Andrews: Un gran catedrático de literatura medieval veu dar unha conferencia a un simposio hai moitos anos e dixo que o estudo que presentaba non estaba editado porque ainda tiña que darlle moita pasta antes. Así de clariño falou

Mrs Russell: Hehehe... Hai un compoñente de practicidade, pero tamén hai moito de cobiza

Agatha Andrews: Se profesionalizas un blog, en plan facer un post especializado cada día da semana, por exemplo luns cinema, martes ciencia, etc

Mrs Russell: Xa, xa

Agatha Andrews: E sen casarte con ninguén

Mrs Russell: Tiñas sete temas para mesas redondas, non me digas mais :P

Agatha Andrews: E dando referencia dos fregaos a que asistises, non che pararía de soar o teléfono

Mrs Russell: Pero eu creo que a rede non pode ser iso. A rede ten que ser outra cousa

Agatha Andrews: Por suposto

Mrs Russell: E ademais, o referente do modelo clásico de comercialización dos autores de papel: libros, conferencias, etc. ten que acabar... A obsesión polos dereitos de autor é algo co que hai que acabar, que hai que demoler

Agatha Andrews: En todo sistema endocéntrico fai falta unha periferia, se pode ser amábel e simpática, mellor que mellor

Mrs Russell: As autorías só preocupan aos comerciais. Hai seiscentos anos ninguén se preocupaba de quen inventaba os contos

Agatha Andrews: Por suposto, incluso o sentido de autoría e orixinalidade eran totalmente diferentes... autoría dunha tradición ou escola

Mrs Russell: Exacto. As ideas, de quen son? Ademais, a comercialización está, xa agora, en crise. O modelo está a punto de rachar, paréceme. No campo da cultura, quero dicir.

Agatha Andrews: Pero hai mais pasta que nunca. Durará.

Mrs Russell: Si, durar, durará, iso é certo. Pero vai haber mudanzas radicais en poucos anos, con certeza, na xestión cultural. Na música é cousa de meses, mais que de anos. E no libro, en canto se abaraten as PDAs, e cousas así, outro tanto

Agatha Andrews: Os artistas serán máis do que nunca accionistas da corporacion cultural

Mrs Russell: O relevante será a "produción" de contidos, non a distribución e venta dos contidos. Así debera ser, polo menos

Agatha Andrews: Pero aínda estamos na época dos intermediarios, sexa como sexa pero durará. Como se fai falta aplicar censura duramente con todas as ferramentas a man

Mrs Russell: O curioso nisto dos blogs é que mesmo os mais partidarios e próximos, como Bragado

Agatha Andrews: Si

Mrs Russell: Seguen reproducindo os modelos "de papel". Por exemplo, a el interésalle moito a teima do anonimato, se é ou non unha pexa para a autoría. Cousa que ninguén pensa do Lazarillo de Tormes, por outra parte

Agatha Andrews: Hahaha

Mrs Russell: Nin dos libros de Salinger

Agatha Andrews: Pero Salinger ten que haber un pero non 1000. O sistema non o permite

Mrs Russell: No fondo é como se pensara "se eu levo un blog ao papel, a quen poño na lapela?"

Agatha Andrews: Son as regras

Mrs Russell: Esa, no fondo, é unha das cuestións. Quen sae na foto?

Agatha Andrews: Claro, e a promoción?

Mrs Russell: Exacto. E logo, a propia pregunta de se hai que pasalos ou non ao papel. Ninguén pensa dunha novela de Alcalá se "habería que adaptala ao cinema". Son linguaxes diferentes, e xa está. Ninguén se preocupa se iso é unha eiva ou un privilexio para a novela

Agatha Andrews: Ninguén? ;)

Mrs Russell: El estaría encantado, claro...

Agatha Andrews: Iso é porque estamos nos comezos

Mrs Russell: Porén, un blog é unha cousiña, pero se pasara a libro, sería unha cousiña boa

Agatha Andrews: Hehehehe

Mrs Russell: E iso é absurdo

Agatha Andrews: Claro, pero o ven como unha caixiña onde se van gardando cousas a espera de mellor momento... cando e todo o contrario

Mrs Russell: E sóltano coma un reproche: “os blogueiros o que queren é que os editen en papel, etc”... Non, señor, non! Ver un blog bo con pastas presentado por Fernán Vello sería un privilexio para Fernán vello, non para o blog

Agatha Andrews: Claro. Se é bo si. Se non o é vai seguir sendo igual de malo

Mrs Russell: Exacto... a calidade está no contido, non no soporte. Hai músicos que non dan para máis dun ou dous mp3, e músicos dos que tes a obra completa

Agatha Andrews: E hai blogs que che interesan polo contido e outros por saber dunha persoa en concreto coa que podes ter moitos kms de por medio

Mrs Russell: Exacto

Agatha Andrews: E ambos son iguais de bos en distintos aspectos

Mrs Russell: Mira isto... Le o comentario de Kavafinho

Agatha Andrews: Vou (...) Pois esta xenial o que aí se di

Mrs Russell: O que di kavafinho?

Agatha Andrews: Si, o que falabamos da xente que ve os blogs como plataforma

Mrs Russell: Ah, si... o curioso do que di kavafinho é que, en esencia, ninguén di iso nin no post, nin nos comentarios, o cal revela que esa teima tena el na cabeza, non o dono dese blog, nin os comentaristas

Agatha Andrews: Claro

Mrs Russell: No fondo... será que os editores teñen medo a non poder exercer de intermediarios? Quero dicir, o editor é, en esencia, un intermediario, un creador de filtros entre o creador e o lector. E na rede, os filtros desaparecen

Agatha Andrews: Son puros técnicos en loxística... e manteño que estamos na idade da loxística

Mrs Russell: É como os críticos... cando se di que na rede hai demasiadas cousas, e moitas malas

Agatha Andrews: Inditex é loxística, aparte de explotación, claro

Mrs Russell: O que queren dicir é que necesitan que alguén lles faga o traballo de seleccionar o que é bo... Na rede, ese labor fica en mans do usuario

Agatha Andrews: Iso pode ser incluso unha mágoa no sentido de non podermos manexar tanto, mais nunca algo negativo en si

Mrs Russell: É dicir, un crítico pode gustar ou nun dun libro, pero xa sabe que ten uns mínimos. Pero na rede, non sabe nada... ten que facelo el todo: decidir o que vale e o que non. Así que despreza a rede como un pozo inmanexábel

Agatha Andrews: Por suposto, e os valores dunha páxina determinada non teñen por que ser artísticos

Mrs Russell: Si, si, xusto

4 Comments:

Blogger ascárida said...

A mellor metablogueada que leo en moito tempo. Estupendo post.

11:17 AM, Novembro 23, 2005  
Anonymous opaco said...

Abofé, e con apenas dúas ligazóns :-)

9:05 PM, Novembro 24, 2005  
Blogger ohqtordv said...

non é, certo, mal retorno para as silenciosas seven women.

3:46 PM, Novembro 29, 2005  
Blogger bagoa said...

así ostia, que se dijan as cousiñas craras.

que manía teñen.
por certo ajora pajan uns 300 euros, q o sei da tinta dun lurín.

10:25 AM, Abril 26, 2006  

Enviar um comentário

<< Home