Sexta-feira, Agosto 19, 2005

Haikus

Os haikus son á poesía o que a masturbación ao sexo: alivio rápido. Un haiku é un sopro de pracer que provoca mais desconcerto que emoción; as dezasete sílabas pasan por riba túa como unha caricia traidora que te deixa aturdida pola súa precisa fermosura, vencida pola felicidade breve. Pawley mete haikus no seu blog, e non todos son malos. Eu tamén escribo algúns ás veces, practicando o divertido xogo de crear literatura de somier:

Enfeitizada
Polo verde dos ollos
De Luis V...

Mrs Russell

3 Comments:

Blogger ohqtordv said...

Complexa comparanza...

Deixa un estraño regusto. Poderíase comparar a comparanza, tamén coa masturbación?

En todo caso, este blog semella un haiku. Expresión pausada e contida. Meditada.

Queda ligado dende o meu.

9:08 AM, Setembro 01, 2005  
Blogger waltermartin4704 said...

i thought your blog was cool and i think you may like this cool Website. now just Click Here

6:46 AM, Setembro 21, 2005  
Anonymous edu said...

:-(

as seven women pensan moito cada cousa que van dicir...

mooooooooito...

mágoa?

5:33 PM, Outubro 27, 2005  

Enviar um comentário

<< Home